ACTIVIDADES
FORMATIVAS
AULA MUNICIPAL DE
INFORMÁTICA
Marzo
2018
-
Curso: “Aula Idiomas: Inglés”____Continuación____ BT_CeMIT (Ortigueira)________ 22862
Tipoloxía: Outras
actividades da aula
Servizo: Aula
Idiomas: Inglés
_ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 19 de Octubro do 2017 ó 26 de
Abril do 2018 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 28 horas (5 horas Marzo)
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante
unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A
actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento
cun nivel básico
Destinatarios: Usuarios
sen
ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 8 prazas
Estado
de peche:
Actividade
Pechada
Actividade
dentro da iniciativa Banco de Tempo das aulas da Rede CeMIT
-
Curso: “Módulo I: Iniciación a Informática e a Internet”____Continuación______ 23935
Alcume: Módulo I:
Iniciación a Informática e a Internet_23935
Servizo: Iniciación
a Informática. Nivel básico
Tipoloxía: Formación
dixital básica
Data da realización: Dende o 26 de Febreiro ó 16 de Marzo do
2018 (Luns, martes, mércores e xoves)
Horario: 16:00
a 19:00 horas
Duración: 27 horas (21 horas Marzo)
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Xubilados
e prexubilados sen coñecementos e destrezas no uso das Tics
Guión:
I. Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e
teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as
ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e
cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V. Copiar un documento
nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB) VI. Crear, editar
e/ou imprimir un documento cun editor de textos
Prazas: 12 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Curso: “Folla de Cálculo II (Avanzado). LibreOffice Calc” ___Continuación_____ 23858
Alcume: Folla de Cálculo II (Avanzado). LibreOffice
Calc. 23858
Servizo: Folla
de Cálculo II (Avanzado). Nivel Avanzado
Tipoloxía: Ofimática
Data da realización: Dende o 6 de Febreiro ó 8 de Marzo do
2018 (Martes e Xoves)
Horario: 17:00 a 20:00 horas
Duración: 27 horas totais (6 horas Marzo)
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Usuarios
menores de 55 anos desempregados, en activo ou autónomos con
necesidade de alcanzar un nivel avanzado no manexo das follas de
cálculo.
Contidos:
Libro e follas múltiples. Creación de plantillas. Enlaces a datos
de distintas follas. Fixar datos en celdas. Formato de celdas.
Bloquear e protexer celdas e follas. Hiperligazóns. Manexo avanzado
de gráficos de barras e liñas. Cambio de datos no orixen e nas
series para os gráficos. Lendas e títulos en gráficos. Funcións
condicionáis e lóxicas. Anidamento de funcións. Ordenación de
datos. Importación de datos. Filtros. Táboas dinámicas.
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche: Actividade Pechada
-
CHARLA_Internet: “Conserva e fortalece a túa memoria. Aplicacións e actividades para mantela en forma” __________________________________________ 24041
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 2
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Canto fai que deixaches de xogar? O xogo é unha actividade tan sa
para os adultos como para os nenos, con múltiples beneficios a nivel
físico e mental. Non existe mellor ximnasio para as nosas neuronas
que atopar actividades divertidas e á vez educativas como os xogos,
os cales, atrasan en gran medida o proceso de envellecemento que
sofre o noso cerebro, e con el, a perda de memoria. Neste curso
descubriremos xogos online e aplicacións móbiles que che permitirán
exercitar o teu cerebro en calquera parte. Xoga e aprende . Coñece
os beneficios do xogo a nivel cognitivo. Adestra a túa mente de
forma divertida. Mellora a túa memoria e axiliza a túa mente
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
Curso: “Ofimática con LibreOffice – Preparación probas libres CODIX”____ 24298
Alcume:
Ofimática con
LibreOffice - Preparación probas libres CODIX_24298
Servizo:
Paquetes
ofimáticos e outras ferramentas de oficina – Nivel Medio
Data da realización: Dende o 5 ó 22 de Marzo do 2018 (Luns,
martes, mércores e xoves)
Horario: 10:30
a 12:30 horas
Duración: 24 horas
Sistema: Por videoconferencia dende as aulas CeMIT de Oroso,
Boiro e Santa Comba e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Exercicios
prácticos sobre paquete de Ofimática para a preparación do Exame
Codix que se realizará presencialmente na aula CeMIT o día 27
de Abril.
Destinatarios:
Persoas
inscritas e matriculadas para a realización presencial
do Exame de Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática que
expide Amtega, e
cidadanía en xeral interesada na temática ata cubrir aforo.
Guión:
no
curso desenvolveranse os seguintes temas: Sistema operativo, busca da
información: internet/intranet e correo electrónico. Aplicacións
informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice
Base. Aplicacións informáticas para presentacións: Gráficas de
información. LibreOffice Impress.
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
Actividade
dentro da
iniciativa
Banco de Tempo das
aulas da Rede CeMIT
-
CHARLA_Internet: “Planifica as túas viaxes aos teus lugares soñados. Atopa as mellores opcións de lecer”_________________________________________ 24052
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 6
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Gustaríache
voar a calquera lugar da Terra? Descubrir os mellores hoteis ou
restaurantes do mundo? A introdución de novas tecnoloxías aplicadas
a viaxar está a revolucionar a forma de planificar as nosas viaxes.
Grazas a Internet, agora é posible viaxar a calquera parte do mundo,
visitar as túas cidades favoritas, de maneira gratuíta e sen
moverte de casa; ou elixir o mellor restaurante e hotel, sen coñecer
a ninguén na cidade, baseándote na opinión doutros viaxeiros.
Explora o mundo desde unha nova perspectiva, simplemente deslizando o
dedo. Sobrevoa cidades como Londres, Tokio ou Roma, e percorre as
súas rúas. Inscríbete neste curso e descobre unha forma nova de
viaxar grazas ás novas tecnoloxías. Descobre o planeta desde todos
os seus recunchos. Visita as túas cidades favoritas. Planifica as
túas viaxes grazas a opinión de miles de viaxeiros. Coñece os
mellores restaurantes e hoteis de cada destino
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA_Internet: “Crea recordos especiais: Fotografía e vídeo dixital. Crea o teu caderno de viaxe co teu móbil”_____________________________________ 24080
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 13
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Gústache a fotografía e o vídeo? Es o cámara habitual de calquera
evento familiar? Os nosos teléfonos móbiles fóronse convertendo
paulatinamente no substituto natural da cámara dixital. Salvo os
auténticos seareiros da fotografía, o resto de mortais facemos as
nosas fotos e vídeos co móbil. Cada vez máis persoas vanse de
viaxe só cos seus modernos móbiles para captar os seus recordos. Os
avances nos dispositivos móbiles han conseguido que podamos facer e
editar fotografías e vídeos de calidade para compartir con
familiares e amigos. Fai as mellores fotografías co teu móbil e
convérteas en vídeo aprendendo o que verás neste novo curso:
Aprende as recomendacións básicas de uso e funcións das cámaras
dos teléfonos intelixentes. Edita as túas fotografías para
mellorar o seu resultado. Realiza a túa propia colaxe, imaxes con
textos e marcos. Crea vídeos curtos con música a través de imaxes.
Aprende a crear recordos inesquecibles!
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA_Internet: “Beneficios e vantaxes de transporte cando es Senio. Coñece os medios para moverte en tren, autobús e transporte público” ____________ 24096
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 15
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Es dos que non se manexan en transporte público? Gustaríache atopar
outras formas de viaxar baratas, ecolóxicas e solidarias? Non sempre
se pode dispoñer dun coche para transportarnos, nin pedir un taxi. E
planificar as nosas viaxes en transporte público pode resultar
complicado se non estás afeito. Por sorte, hai aplicacións e
plataformas colaborativas que nos poden axudar a planificar os nosos
traxectos á vez que coidamos da nosa economía e do medio ambiente.
Neste curso imos ensinar as mellores aplicacións para planificar as
nosas viaxes xa sexa en cidade ou desprazamentos máis longos
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA: “Plataforma É-Saúde do Sergas” __________________________ 24354
Tipoloxía:
Dispositivos móbiles
Temática:
Presentación
plataforma É-Saúde do Sergas
Data da realización: Luns,
19
de Marzo
de 2018
Horario: 11:30
a 13:30
horas
Duración:
2 horas
Sistema: Por videoconferencia dende a Universidade Senior de A
Coruña e presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios:
Responsables das aulas e cidadáns en xeral, especialmente persoas
maiores
Prazas: 11 prazas
Descrición:
A
plataforma É-Saúde é unha
aplicación informática que constitúe a ferramenta do SERGAS para a
comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e
dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) que lle permite o acceso
a servizos e contidos de saúde personalizados.
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA_Internet: “Que é a Administración Electrónica e principais trámites online que che facilitarán a vida” __________________________________ 24111
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 20
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Coñeces que é a Administración Electrónica e os principais
trámites que podes realizar online?. Ofrecer aos cidadáns a
posibilidade de relacionarse coa administración a través de
Internet foi e é un dos grandes avances do goberno na tarefa de
modernizar, achegar e facilitar ao cidadán os servizos públicos.
Cada vez son máis os trámites que a Administración Pública e
outras entidades ofrecen a posibilidade de realizar a través de
Internet. Neste curso aprenderemos máis sobre a Administración
Electrónica así como os principais trámites online: Descobre que
son os certificados dixitais e como funcionan. Solicita os teus
certificados para facer xestións por Internet. Realiza trámites por
Internet con e sen certificado dixital: cita médica online, borrador
da renda, etc. Consulta información desde as sedes electrónicas:
puntos do carné de conducir, solicitude de informe de vida laboral,
etc.
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA_Internet: “O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade” ___________________________________________________ 24124
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 21
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Gustaríache realizar trámites coa administración sen
desprazamentos nin horarios? Este curso está destinado a persoas que
queiran aprender a utilizar e aproveitar as utilidades do DNI
electrónico ( DNIe). Aprenderás a adquirir as ferramentas
necesarias para levar a cabo transaccións online de forma segura.
Pero para facelos é necesario posuír algúns coñecementos básicos
que neste curso queremos mostrarche: Descobre o novo DNI Electrónico.
Coñece as vantaxes que che ofrece o DNIe. Requisitos para a
utilización do DNIe. Aprende paso a paso a realizar os teus
trámites: consulta de puntos do carné de conducir, solicitude de
informe de vida laboral, etc.
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA_Internet: “Seguridade e privacidade na Internet. Protéxete dos perigos da Rede” ________________________________________________________ 24136
Tipoloxía:
Dispositivos
móbiles
Data da realización: 22
de Marzo
de 2018
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Destinatarios: Orientada
a maiores de 40-45 anos
Prazas: 10 prazas
Contido:
Medo á ciberdelincuencia? Sabes como protexerte na internet? O dano
máis persistente da ciberdelincuencia é a propagación do medo. O
medo para comprar en liña, a formar parte das redes sociais ou a
utilizar servizos en liña cotiáns. A ciberdelincuencia erosiona a
confianza nun Internet aberto e libre, altera a nosa vida dixital e
impide que saquemos o máximo partido das oportunidades e servizos
que se ofrecen en liña. A prevención e o coñecer os posibles
perigos que existen na internet é fundamental para gozar dunha
navegación segura. Estes perigos existen tanto en computadores como
en teléfonos intelixentes, polo que coñecelos e protexelos é no
que nos centraremos neste curso. Toma precaucións para unha
navegación segura en computadores, teléfonos intelixentes e
tabletas. Coñece as mellores ferramentas gratuítas de protección,
análise e desinfección para equipos informáticos. Descobre as
principais aplicacións e consellos de privacidade e seguridade de
datos. Conecta de maneira segura no teu fogar e a través de redes
wifi.
Sistema:
A través de Internet
Colabora: Canal Senior
Estado
de peche:
Actividade Aberta
-
CHARLA: “Exame presencial EMA Teleformación” ___________________ 24420
Tipoloxía:
Exame presencial EMA
Teleformación
Descrición:
Probas presenciais
exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación
na plataforma EMA
Data da realización: 23
de Marzo
de 2018
Horario: 13:00
a 14:00
horas
Duración: 1 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que se inscribira/matriculara e finalizase, con
anterioridade e obligatoriamente cursos a través da plataforma EMA.
Prazas: 10 prazas
Observacións:
“Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que
activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na
plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos
do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez
realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo
confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas. Pode
consultar a súa situación no Espazo Persoal da web CeMIT
(https://cemit.xunta.gal) ou poñerse en contacto coa persoa
responsable da aula (datos de contacto en
https://cemit.xunta.gal/centros).
Estado
de peche:
Actividade Aberta
MICROTALLERES
SEMANA SANTA
-
Curso: “Programación para menores con Scratch”___________________________ 24572
Alcume:
Programación
para menores con Scratch_24572
Servizo:
Programación
(Móbiles, Scratch, etc)
– Nivel Medio
Tipoloxía: Capacitación
avanzada en Ferramentas TIC
Sistema: Presencial
na aula CeMIT de Celanova
Data da realización: 26, 27 e 28 de Marzo do 2018 (Luns,
martes e mércores)
Horario: 10:00
a 13:00 horas
Duración: 9 horas
Destinatarios:
Cativos
de 9 a 12 anos
Requisitos:
Para o manexo do programa de Scratch non
é necesario ter coñecementos previos de informática, más alá do
manexo do ratón, copiar/pegar e haber utilizado algunha vez o
navegador web
Observacións:
Os obxectivos deste microtaller é aprender aptitudes relacionadas
coa lóxica e a resolución de problemas, ademáis
desarrollar pensamento creativo e computacional
Descrición:
Scratch
é
unha linguaxe de programación visual pensado para nenos a partir dos
8 anos e que permite dunha maneira sinxela crear xogos, animacións e
contar historias, unindo bloques para formar instrucións do programa
Programa:
Scratch 2
Guión:
Introdución.
¿Que é Scratch? ¿Porqué programar?; Beneficios de programar;
Identificar as partes da interface gráfica de Scratch; Descrición
de bloques de programación; Manexo
de imáxenes no escenario de Scratch (cómo
insertar personaxes ou obxectos ó escenario; modificar os obxectos
no escenario; cómo pintar/cambiar o escenario); Animación
dos personaxes ou obxectos: Conceptos
matemáticos e informáticos: Procesos interactivos (bucles);
Criterios
condicionais (si, entonces, si-no); As coordenadas nun plano; As
variables;;
Cómo
gardar un proxecto; Editar
os proxectos gardados; Salir da actividade de Scratch;
Prazas:
12
prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Curso: “Semana Santa coas TICs (cativos de 4 a 8 anos)”____________________ 24573
Alcume:
Semana
Santa coas TICs (cativos de 4 a 8 anos _
24573
Servizo:
Actividades
lúdicas coas TIC (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel
básico
Tipoloxía: Internet:
Ocio e operacións dixitais
Sistema: Presencial
na aula CeMIT de Celanova
Data da realización: Dende o 26 de Marzo ó 2 de Abril do
2018 (Luns, martes, mércores e luns)
Horario: 16:00
a 19:00 horas
Duración: 12 horas
Destinatarios:
Cativos
de 4
a 8
anos
Requisitos:
(Sen
requisitos). Non
é necesario ter coñecementos previos de informática
Descrición:
Microtaller
orientado a cativos de 4 a 8 anos no que aprenderemos a usar o rato e
o teclado, a interactuar coas pantallas e a búsqueda de recursos de
ocio digital.
Prazas:
16
prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.
MARZO
Número
de actividades rexistradas: 3 actividades en
continuación e 12 actividades novas
Horas
totais de formación: 87,5 horas
Horas
de aula aberta Rexistradas: 76,5 horas
Novos
altas
de usuarios
Rexistrados: 22
altas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario