Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)
CODIX qué é?
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.
A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:
- Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).
- Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro)
Se queres coñecer máis información polo miúdo, podes consultar as resolucións publicadas nos boletíns oficiais sobre a materia:
- Real Decreto 645/2011, de 9 de mayo (BOE nº 136 (8/06/2011) polo que se establecen certificados de profesionalidade (contidos do módulo formativo en ofimática).
- Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229, 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
- ORDE do 29 de abril de 2014 (DOG nº 85, 06/05/2014) pola que se habilita e autoriza á Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.
11_Xuño_2018
INSCRICIÓN no curso de teleformación titorizado para a obtención do CODIX (edición 2/2018)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre este martes 12 de xuño o
prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da
certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se
recolle na convocatoria publicada o luns 11 de xuño no
Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio
previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.
Para acceder a este curso os únicos
requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como
persoas usuarias da rede CeMIT. O curso de preparación impártese na
modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente
será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para
seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición, que se realizará por internet a través dunha nova publicada na web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) será de cinco días hábiles partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o martes 12 de xuño ata o luns 18 de xuño, inclusive.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se
publicará a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da
rede CeMIT así como un número adecuado de reservas. As persoas admitidas
deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da
publicación na web da relación provisional a taxa de 10,20 euros
correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes
que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma.
Plan Formativo Ofimático de Galicia
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas
formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de
Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o
módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio
Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Pode inscribirse directamente no seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/25480, ou a través da web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), baixo o apartado "Actividades Destacadas"
![]() |
Inscrición directa na aula CeMIT Celanova (O ser por teleformación non existe a posibilidade de escoller aula) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario