A aula CeMIT do Concello de Celanova forma parte da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnológica da " Xunta de Galicia"
Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.
O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia,
en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando,
potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a
comunicación da cidadanía galega.
A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.
Conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto.


CURSOS
Os cursos impártense en dúas modalidades: presenciais nas aulas da Rede ou en teleformación dende a túa casa.
Para matricularte nos cursos presenciais e para acceder á teleformación unicamente é necesario que sexas usuario/a da Rede CeMIT. Se aínda non o es, date de alta.
- Formación presencialnas aulas da Rede CeMIT: cada aula conta coa súa propia programación formativa en alfabetización dixital. Consulta os cursos dispoñibles actualmente na túa aula e matricúlate
- Formación on-line: dispoñible na plataforma de formación virtual EMA, o Moodle da Rede CeMIT. Esta formación permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso a Internet e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT. Accede á teleformación
CHARLAS E XORNADAS
A través das aulas da Rede tamén poderás asistir a charlas e
actividades relacionadas coas novas tecnoloxías impartidas por entidades
colaboradoras e organismos recoñecidos como o Centro de Novas
Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Para asistir ás charlas debes
matricularte nas mesmas, unha vez esteas dado de alta na Rede como usuario.
AULA ABERTA
Os centros da rede tamén son Aulas Abertas, espazos nos que poderás
acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, dentro dun
horario establecido, onde se conta co apoio e asesoramento dos Axentes
TIC. Para empregar os ordenadores das aulas nas horas de Aula Aberta é
necesario estar dado de alta como usuario da Rede CeMIT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario