venres, 1 de xuño de 2018

Programación Xuño_2018



PROGRAMA FORMATIVO


 MES DE XUÑO


CeMIT Celanova










  • CURSO: Creación e edición dixital__________________________________________ 25149
Alcume: Creación e edición dixita _ 25149
Servizo: Edición e montaxe de vídeo. Nivel Medio
CREACIÓN E EDICIÓN DIXITAL
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Data da realización: Dende o 1 ó 20 de Xuño do 2018
Horario: 10:00 a 12:00 horas (día 20 de xuño, horario 12:00 á 14:00 h)
Duración: 8 horas
Sistema: Por videoconferencia dende a aula CeMIT de Betanzos dentro da iniciativa do Banco de Tempo - ComparTIC 18, e presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Obxectivo: Obradoiro no que os alumnos/as aprenderán os conceptos básicos da creación e edición dixital. Os obxectivos, pasarán pola consecución duns mínimos coñecementos críticos e teóricos para analizar a realización de calquera producto audiovisual, traballando elementos como guión, escaleta, planos e a edición de video
Guión: 1ª sesión: Nesta sesión os alumnos aprenderán a diferenciar diferentes tipos de plano, movementos de cámara e os rudimentos para elaborar unha escaleta ou guión.
2ª sesión: Inicio no programa Openshot Video Editor. Analizaremos o entorno de traballo deste programa e as diferentes posibilidades que nos ofrece. 3ª sesión:Sesión práctica na que verán como se pasa na práctica o que está planexado no guión ao campo da edición. Farase unha pequena montaxe e edición, para que poidan plantexar dúbidas. Comezarán a traballar nunha historia ideada por eles.4ª sesión: Dúbidas sobre como levar á práctica con éxito a historia plantexada en cada aula.
Programa: Programa Openshot Video Editor
Actividade dentro da iniciativa Banco de Tempo das aulas da Rede CeMIT - ComparTIC 18


  • CURSO: Programa Intégr@te” ____________Continuación_______________ 25159
Alcume: Programa Intégr@te
Servizo: Iniciación a Informática. Nivel Básico-Medio-Avanzado
Tipoloxía: Formación dixital básica
Descrición:Programa Intégr@te nas TICs
Data da realización: Dende o 21 de Maio ó 27 de Xuño do 2018
Horario: 17:00 a 20:00 horas
Duración: 54 horas totais (39 horas Xuño)
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Xóvenes/adultos desempregados, en activo e autónomos (menores de 55 anos)
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada


  • CURSO: Crea a túa tenda Virtual e Vende na Rede con OpenCart. E-Commerce_________________________________________________________________________________
Alcume: Crea a túa tenda Virtual e Vende na Rede con OpenCart. E-Commerce
Servizo: Off the wall. Tendas online e vender dende o muro. Nivel Medio
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
OPENCART
Data da realización: Dende o 4 ó 12 de Xuño do 2018
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 12 horas
Sistema: Por videoconferencia dende a aula CeMIT de Oroso dentro da iniciativa do Banco de Tempo - ComparTIC 18, e presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Empresari@s e emprendedor@s e cidadanía en xeral interesada na temática a seguir
Prazas: 10 prazas
Obxectivo: O obxectivo é desenvolver unha tenda virtual, é dicir, unha aplicación web que permita aos clientes potenciais dun comercio navegar por o catálogo de produtos que este ofrece, ver as súas características básicas, seleccionar aqueles que lles interesen e unha vez feito isto, poder realizar un pedido destes produtos ao comerciante a través dos propios mecanismos que ofrece a aplicación
Guión: § Contexto tecnolóxico § Especificación de requirimentos § Instalación e configuración · Catálogo: Produtos; Categorías; Atributos; Opcións; Fabricantes; Valoracións; Información; Extensións; Módulos; Envío; Métodos de pagamento; Vendas; Pedidos; Clientes; Sistema; Usuarios; Impostos
Programa: Programa OpenCart


Actividade dentro da iniciativa Banco de Tempo das aulas da Rede CeMIT - ComparTIC 18


  • CHARLA: A contratación de viaxes por Internet – dereitos dos consumidores______________________________________________________________ 25191
Tipoloxía: Internet: Ocio e operacións dixitais
Descrición: Videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo
Data da realización: Luns, 4 de Xuño de 2018
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Duración: 1,5 horas
Sistema: Videoconferencia
Colabora: Instituto Galego de Consumo
Destinatarios: Orientada a todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais
Prazas: 10 prazas
Temática: Viaxar é unha das alternativas de lecer principais das persoas consumidoras. O número de webs e ofertas de viaxes a través de Internet aumenta cada ano debido, fundamentalmente, a que este sistema facilita a contratación de grandes ofertas e, polo tanto, un aforro considerable respecto dos prezos das axencias tradicionais. Neste ámbito as persoas teñen dereitos que lles protexen e é importante que os coñezan, posto que dispoñer da información necesaria é o primeiro paso para converterse nunha persoa consumidora responsable. Por iso, debemos tomar certas precaucións e seguir unha serie de consellos que trataremos nesta charla (elixir ben a axencia de viaxes, usar pasarelas de pago, resolución de conflitos...).
Estado de peche: Actividade Aberta


  • CURSO: Xestión de Arquivos e Copias de Seguridade________________ 25218
Alcume: Xestión de Arquivos e Copias de Seguridade
Servizo: Outras ferramentas TIC. Nivel Medio
Tipoloxía: Capacitación avanzada en Ferramentas TIC
Data da realización: Martes 5 e Xoves 7 de Xuño do 2018
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 8 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Obxectivos: Realizar unha boa xestión dos nosos arquivos. Recoñecer a necesidade de facer copias de seguridade. Identificar que datos cómpre almacenar. Planificar as copias de seguridade como unha tarefa máis na empresa (ou persoal) Elixir o medio de almacenamento axeitado. Realizar un almacenamento seguro das copias de seguridade.
Estado de peche: Actividade Aberta


  • CURSO: Deseño gráfico vectorial – Inkscape______________________________
Alcume: Deseño con Inkscape
Servizo: Deseño gráfico. Nivel Medio
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Data da realización: Dende o 18 ó 21 de Xuño do 2018
Horario: 10:30 a 12:30 horas
Duración: 8 horas
Sistema: Por videoconferencia dende a aula CeMIT de Boiro dentro da iniciativa do Banco de Tempo - ComparTIC 18, e presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Obxectivo:
Guión:
Programa: Programa Editor de Imaxes Vectoriais Inkscape
Actividade dentro da iniciativa Banco de Tempo das aulas da Rede CeMIT - ComparTIC 18

INKSCAPE




  • CURSO: Introdución a Maquetación con HTML e CSS__________________
    MAQUETACIÓN CON HTML E CSS

Alcume: Introdución a Maquetación con HTML e CSS
Servizo:
Tipoloxía:
Data da realización: Dende o 25 ó 28 de Xuño do 2018
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 8 horas
Sistema: Por videoconferencia dende a aula CeMIT de CELANOVA dentro da iniciativa do Banco de Tempo - ComparTIC 18, e presencial na aula CeMIT de Celanova
Imparte: Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Obxectivo:
Guión:
Programa: Programa de Programación: Editor Bluefish


Actividade dentro da iniciativa Banco de Tempo das aulas da Rede CeMIT - ComparTIC 18






  • CHARLA: Exame presencial EMA Teleformación” ___________________ 25219
Tipoloxía: Exame presencial EMA Teleformación
Descrición: Probas presenciais exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA
Data da realización: 28 de Xuño de 2018
Horario: 12:00 a 13:00 horas
Duración: 1 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova
Destinatarios: Cidadanía en xeral que se inscribira/matriculara e finalizase, con anterioridade e obligatoriamente cursos a través da plataforma EMA.
Prazas: 10 prazas
Observacións: “Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas. Pode consultar a súa situación no Espazo Persoal da web CeMIT (https://cemit.xunta.gal) ou poñerse en contacto coa persoa responsable da aula (datos de contacto en https://cemit.xunta.gal/centros).
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.