¿Como darse de alta na Rede CeMIT?
Si desexas formar parte da Rede CeMIT podes facerlo:
- Dende a páxina web da Rede CeMIT:
- Acudindo a aula CeMIT máis cercana a túa localidade
_______________________________________________________________________________________
Adaptación da política de seguridade ao Regulamento Europeo de Protección de Datos
A Rede CeMIT adaptou a súa Política de Seguridade ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) que entrou en vigor o 25 de maio. Entre as principais novidades que implica esta normativa está a incorporación da figura do Delegado de Protección de Datos, un valedor do cidadán nesta materia. Ademais, a Administración autonómica vén de poñer en marcha o Centro de Resposta Rápida ante incidentes de Seguridade para minimizar o impacto dos ciberataques.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou no Diario Oficial de Galicia as modificacións da Política de Seguridade da Xunta, na que se recolle a figura do Delegado de Protección de Datos, que actuará como garante do cumprimento da normativa da protección de datos, informando, asesorando e supervisando o cumprimento do RXPD.
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
- Responsable do tratamento: Xunta de Galicia - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
- Finalidades do tratamento: Tramitar as solicitudes de alta como usuario da Red CeMIT, proporcionarlle o acceso aos recursos e xestionar os cursos e actividades organizados pola mesma, incluíndo tarefas como a adaptación do posto, titorización, emisión de certificados acreditativos de aproveitamento e valoración das actividades polos alumnos e alumnas.
- Lexitimación para o tratamento:Cumprimento dunha misión de interese público.
- Destinatarios dos datos: Terceiros colaboradores para a tramitación e emisión de certificados de asistencia, aproveitamento e acreditación das accións formativas.
- Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
- Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional:https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario