ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Novembro
2016
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
Curso: “Aula Idiomas: Inglés (18338)” . BT_CeMIT (Ortigueira)________Continuación
Tipoloxía: Outras
actividades da aula.
Servizo: Idiomas_
Nivel Medio
Data da realización: Dende o 6 de Octubre ó 15 de Xuño do
2017 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 32 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante
unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A
actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento
cun nivel moi básico
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche:
Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT
-
CURSO: “Ofimática en Software Libre_ Libre Office Calc I” (18255) ___Continuación
Tipoloxía: Ofimática
Servizo: Follas
de Cálculo 1 (básico)- Nivel Medio
Data da realización: Dende o 11 de Outubro ó 3 de Novembro
Horario: 16:00 a 19:00 horas
Duración: 24 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivos:
Familiarizarse co medio de traballo dunha folla de cálculo. Crear
táboas de datos e traballar con fórmulas. Crear libros e traballar
con datos de diferentes follas. Utilización das fórmulas básicas.
Creación de gráficos. Configuración das follas de cálculo para
impresión.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que cumpla os requisitos: Utilizar con axilidade un
ordenador (manexo do teclado e do ratón, apertura e peche de
programas, uso de cartafois, etc.)
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
CURSO: “Módulo I: Alfabetización dixital básica: Iniciación a Informática básica e a Navegación na Internet”
Tipoloxía: Formación
Dixital Básica
Servizo:
Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización:
Dende o 4 ó 25 de Novembro
Horario:
16:00 a 18:30 horas
Duración: 25 horas
Descrición:
I
Acender e apagar correctamente o ordenador. II Manexar o rato e
teclado con soltura. III Familiarizarse co entorno de traballo e as
ventás do Sistema Operativo. IV Aprender a xestionar arquivos e
cartafoles (crear, eliminar, copiar, ...). VPrimeiros pasos en
internet . VI Crear e xestionar unha conta de correo electrónico.
Destinatarios:
Cidadanía en xeral
Requisitos: Non posuír
coñecementos no manexo dun computador.
Prazas:
13
prazas
-
CURSO: “Ofimática en Software Libre. Preparación para Exame Codix” _(Prácticas)
Tipoloxía: Ofimática
en Software Libre
Servizo: LibreOffice.
Nivel Medio.
Data da realización: Dende o 4 ó 25 de Novembro
Horario: 10:00 A 11:00 e de
18:30 a 20:00
horas
Duración: 27 horas
Descrición: Exercicios prácticos sobre paquete de Ofimática
para a preparación do Exame para a obtención da Certificación
Codix que se realizará presencialmente na aula CeMIT os días 18 e
29 de Novembro.
Destinatarios: Preferentemente persoas inscritas e
matriculadas para a realización do Exame de Certificación de
Competencias Dixitais en Ofimática que expide Amtega nos sistema de
Autoformación e Teleformación e, en xeral, cidadanía interesada na
temática ata cubrir as prazas ofertadas.
Prazas:
7 prazas
-
CHARLA: “Productos ecolóxicos de calidade” (Instituto Galego de Consumo)_18851
Tipoloxía: Outras
actividades da aula
Sistema:
Videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo
Data da realización: 07 de Novembro
Horario: 11:00 a 12:00
horas
Duración: 1 horas
Contidos: Principais características dos produtos ecolóxicos
e o concepto de comercio de proximidade. Póñense en valor os
produtos da nosa contorna e, en especial, os produtos ecolóxicos,
con certificación de calidade ou con denominación de orixe.
Identificar os selos e certificación de calidade e o significado que
hai detrás.
Descrición:
Explicaranse unha serie de nocións básicas para a lectura da
etiquetaxe dos alimentos, que favorecerán unha escolla responsable
dos produtos. A continuación, explicaranse como se poden identificar
os produtos ecolóxicos e de calidade, e por qué a escolla destes
produtos é unha escolla de consumo responsable
Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada na temática a
seguir.
Prazas:
12
prazas
-
CURSO: “Ofimática en Software Libre_ Libre Office Calc II” (19029)
Tipoloxía: Codix.
Competencias Dixitais en Ofimática
Servizo: Aplicacións
informáticas das follas de Cálculo. Libre Office Calc II. Nivel
Medio
Data da realización: Dende o 08 ó 29 de Novembro
Horario: 17:00
a 20:00 horas
Duración: 21 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivos:
Manexar a nivel medio unha
folla de cálculo. Coñecer
as principais operacións e funcións que se poden realizar con
facilidade e soltura na súa formulación. Aplicar formatos en
celdas,filas, columnas e follas, sen ningún problema e obtendo os
resultados desexados. Manexar datos, realizando operacións, filtros
e ordenacións dos datos. Xestionar facturas, albaráns e pedidos.
Preparar plantillas e modelos. Manter un control de gastos e
ingresos.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que cumpla os requisitos: Utilizar con axilidade un
ordenador (manexo do teclado e do ratón, apertura e peche de
programas, uso de cartafois, etc.), e xa teña un coñecemento básico
sobre o manexo dunha folla de cálculo ou realizase con anterioridade
un curso ou formación sobre a temática.
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Curso: “Deseño 3D con Sketchup”_18773 . BT_CeMIT (Santa Comba)
Tipoloxía: Imaxe,
audio e vídeo
Servizo: Deseño
Gráfico_Nivel Medio
Data da realización: Dende o 14 ó 24 de Novembro (excepto os
venres)
Horario: 12:00 a 14:00 horas
Duración: 16 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Santa Comba e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que cumpla os requisitos: Utilizar con axilidade un
ordenador (manexo do teclado e do ratón, apertura e peche de
programas, uso de cartafois, etc.). Non
é imprescimdible ter coñecementos de deseño asistido con outros
programas.
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche:
Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT
-
CHARLA: “Casos prácticos de tramitación de Infraestructuras de Telecomunicacións nos Concellos” _ 19106
Tipoloxía: Outras
actividades da aula
Sistema:
Videoconferencia dende a Centro
Demostrador TIC, e presencial na aula CeMIT Celanova
Data da realización: 15 de Novembro
Horario: 10:00
a 11:30
horas
Duración: 1,5 horas
Contidos: Contexto das telecomunicacións. Glosario. Normativa
de aplicación. Casos prácticos para os Concellos. Rolda de
preguntas e dúbidas.
Descrición:
Nos últimos anos estanse a producir numerosas modificacións
normativas no referente ás infraestructuras de telecomunicacións
que afectan ás actividades sobre as que exercen as súas
competencias as Administracións Locais. É preciso coñecer as
implicacións da nova normativa de cara á actualización dos
desenvolvementos municipais e á tramitación das diversas
solicitudes
Obxectivo:
Informar aos concellos sobre as novidades que afectan ao
despregamento das infraestructuras de telecomunicacións no
territorio municipal, reflectindo a importancia da ordenación das
mesmas e a necesidade de facilitar e reducir o custo do seu
despregamento.
Destinatarios: Persoal municipal con competencias no
ordenamento urbanístico das infraestructuras de telecomunicacións,
tanto dende o punto de vista da súa tramitación (secretarios,
arquitecto municipal, persoal de urbanismo ou obras, etc.), coma da
súa xestión ou instalación (servizos minicipais de electricidade,
informática, obras, etc.)
Colabora: Oficina Concellos, AETG, CDTIC e AMTEGA.
Imparte: Javier Fernández Fraga. Enxeñeiro de
telecomunicacións, vocal da AETG (Axencia de Enxeñeiros de
Telecomunicacións de Galicia)
Prazas:
10
prazas
-
EXAME CODIX: “Exame presencial CODIX : 2º Edición 2016” (Autoformación)
Tipoloxía: Codix
- Certificación
competencias dixitais en ofimática
Data da realización: 18 de Novembro
Horario: 10:00
a 12:00
horas
Duración: 2 horas
Descrición:
Exame
presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en
Ofimática (CODIX)
expedido por AMTEGA, pertencente
a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Resolución
do 23 de setembro de 2016 para a obtención da certificación galega
de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
Obxectivos: Obter a
Certificación de Competencias dixitais en ofimática: CODIX
(título oficial emitido por
AMTEGA pertencente a Xunta de Galicia)
Destinatarios: Cidadanía en
xeral con amplos coñecementos sobre o paquete ofimático en Software
Libre.
Requisitos:
Requisitos: Ser usuario da
Rede CeMIT e haber realizado a previa inscrición da matrícula para
realizar o exame. Unha vez feito o sorteo, aceptando a solicitude e
entrando nas prazas ofertadas,
haber pagado as taxas do exame.
Prazas:
11
prazas
Estado
de peche: Actividade
pechada
-
CHARLA: “Exame presencial EMA Teleformación” (18642)
Tipoloxía:
Exame presencial EMA
Teleformación
Descrición:
Probas presenciais
exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación
na plataforma EMA
Data da realización: 28 de Novembro
Horario: 11:00
a 12:00
horas
Duración: 1 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que realizase con anterioridade e obligatoriamente cursos a
través da plataforma EMA.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Observacións:
“Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas
que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na
plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos
do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez
realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo
confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas. Pode
consultar a súa situación no Espazo Persoal da web CeMIT
(https://cemit.xunta.gal) ou poñerse en contacto coa persoa
responsable da aula (datos de contacto en
https://cemit.xunta.gal/centros). “
-
EXAME CODIX: “Exame presencial CODIX : 2º Edición 2016” (Teleformación)
Tipoloxía: Codix
- Certificación
competencias dixitais en ofimática
Data da realización: 29 de Novembro
Horario: 10:00
a 12:00
horas
Duración: 2 horas
Descrición:
Exame
presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en
Ofimática (CODIX)
expedido por AMTEGA, pertencente
a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.
Obxectivos: Obter a
Certificación de Competencias dixitais en ofimática: CODIX
(título oficial emitido por
AMTEGA pertencente a Xunta de Galicia)
Destinatarios: Cidadanía en
xeral con amplos coñecementos sobre o paquete ofimático en Software
Libre.
Requisitos: Ser usuario da
Rede CeMIT e haber realizado a previa inscrición da matrícula para
realizar o exame. Unha vez feito o sorteo, aceptando a solicitude e
entrando nas prazas ofertadas,
haber pagado as taxas do exame.
Prazas:
11
prazas
Estado
de peche: Actividade
pechada
Aula
Aberta a disposición dos usuarios
da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a
navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario