ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Xuño
2016
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
CURSO: “Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira) ________ Continuación
Tipoloxía: Outras
actividades da aula.
Servizo: Dinamización
aula CeMIT_ Nivel Básico
Data da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño
do 2016 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 33 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante
unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A
actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento
cun nivel moi básico
Prazas: 10 prazas
Estado de peche:
Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo
integrado en aulas da Rede CeMIT.
-
CURSO: “Ofimática en Software Libre. Preparación para Exame Codix (1º Edición_Teleformación” ____________________________________ Continuación
Tipoloxía: Codix
Certificación Competencias Dixitais en Ofimática
Servizo: Certificación
Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX).Nivel Medio.
Data da realización: Dende o 18 de Maio ó 8 de Xuño (Todos
os días, excepto os Xoves)
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 40 horas
Descrición: Exercicios prácticos sobre paquete de Ofimática
para a preparación do Exame Codix que se realizará presencialmente
na aula CeMIT o día 10 de Xuño.
Destinatarios: Preferentemente persoas inscritas e
matriculadas para a realización do Exame de Certificación de
Competencias Dixitais en Ofimática que expide Amtega e, en xeral,
cidadanía interesada na temática.
Prazas:
10 prazas
-
CURSO: “Módulo II: Iniciación a Informática e Internet”
Tipoloxía: Formación
Dixital Básica
Servizo: Iniciación a
informática. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 01 ó 17 de Xuño
Horario: 16:00
a 18:30 horas
Duración: 20 horas
Descrición: Parte 2 do curso Básico de Alfabetización
Dixital. O obxectivo da actividade é profundizar no aprendido,
adquirindo máis coñecementos e destrezas na manipulación dun
computador.
Destinatarios: Grupo inicial de Iniciación básica, e
cidadanía en xeral con mínimos coñecementos sobre o manexo dun
ordenador, ata cubrir prazas.
Requisitos: Haber realizado previamente o módulo I en
Alfabetización Dixital básica e/ou posuír coñecementos mínimos
no manexo do teclado e ratón.
Prazas:
10
prazas
-
CURSO: “Folla de Cálculo Calc (Nivel 1)” BT_CeMIT (Aula CeMIT Boiro)
Tipoloxía: Ofimática
Servizo: Follas
de Cálculo 1 (básico). Nivel Medio
Data da realización: Dende o 20 ó 30 de Xuño (de Luns a
Xoves)
Horario: 10:00
a 12:00
horas
Duración: 16 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Boiro e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo:
Familiarizarse
co medio de traballo dunha folla de cálculo. Crear táboas de datos
e traballar con fórmulas. Crear libros e traballar con datos de
diferentes follas. Utilización das fórmulas básicas/funcións
Creación de gráficos. Configuración das follas de cálculo para
impresión.
Contidos: Que
é unha folla de cálculo? Introdución ao medio de traballo
(LibreOffice Calc) Introdución e modificación de datos. Formato de
celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións
etc.) Filtros e ordenación dos datos. Traballo con fórmulas.
Xestionar as follas de cálculo dun libro Formatos condicionais.
Creación de gráficos. Xerar series de datos. Funcións máis
utilizadas
Destinatarios: cidadanía
en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade
un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de
programas, uso de cartafoles etc.)
Prazas: 10 prazas
Estado de peche:
Actividade Aberta
Actividade
dentro do proxecto
Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
-
CURSO: “Maiores en Rede”
Tipoloxía: Formación
Dixital Básica
Servizo: Internet:
Búsquedas de información, utilidades, recursos, etc. Nivel básico
2
Data da realización: Dende o 20 de Xuño ó 4 de Xullo
Horario: 16:00
a 19:00
horas
Duración: 27 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo:
Aprender
trucos e recursos para realizar as buscas de forma máis eficiente;
Adquirir capacidade para seleccionar a fonte máis axeitada para cada
busca; Realizar buscas con sentido crítico, discriminando e
analizando correctamente os resultados; Coñecer ferramentas para
automatizar correctamente os resultados; Coñecer ferramentas para
automatizar buscar frecuentes; Aforrar tempo nas buscas na Rede.
Destinatarios: Persoas
maiores que manexen Internet a nivel básico.
Prazas: 12 prazas
Estado
de peche:
Actividade
Aberta
_Curso__ACTIVIDADES
EXTERNAS
CESIÓN
AULA e SERVIZO
-
Curso: “Alfabetización Dixital para a búsqueda de emprego a través da Internet”
Clasificación:
Curso
Tipo
de Actividade Externas:
Cesión de aula e Servizo
Entidade colaboradora:
Consorcio Galego de Servizos
de Igualdade e Benestar
Servizo: Busca de emprego a
través da Internet. Nivel Medio
Alcume: “Alfabetización dixital para a
búsqueda de emprego a través da Internet”
Tipoloxía: Busca de emprego
Data da realización: Dende o 13 de Xuño ó 1 de Xullo
Horario: De 10:30 á 12:30 horas
Duración: 18 horas
Sistema: Presencial aula CeMIT de Celanova
Descrición:
Colabora Consorcio Galego de Servicios de Igualdad e Benestar
destinando as persoas beneficiarias para esta formación. Esta
actividade ten como finalidade que as persoas beneficiarias da
formación poidan obter unha independencia dixital básica de cara a
practicar posteriormente unha búsqueda activa de emprego a través
de Internet.
Prazas: 5 prazas
Estado
de peche: Actividade Pechada
ACTIVIDADES POR
VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS
DE FORMACIÓN
-
EXAME CODIX: “Exame presencial CODIX : 1º Edición Teleformación 2016”
Tipoloxía: Codix
- Certificación
competencias dixitais en ofimática
Data da realización: 10 de Xuño
Horario: 10:00
a 12:00
horas
Duración: 2 horas
Descrición: Exame
presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en
Ofimática (CODIX) expedido
por AMTEGA, pertencente a
Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.
Obxectivos: Obter a
Certificación de Competencias dixitais en ofimática: CODIX
(título oficial)
Destinatarios: Cidadanía en
xeral con amplos coñecementos sobre o paquete ofimático en Software
Libre.
Requisitos: Ser usuario da
Rede CeMIT e haber realizado a previa inscrición da matrícula para
realizar o exame. Unha vez feito o sorteo, aceptando a solicitude e
entrando nas prazas plantexadas dende Amtega, haber pagado as taxas
do exame.
Prazas:
7
prazas
Estado
de peche:
Actividade pechada
-
Charla: “Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes”
Data da realización: Martes, 14 de Xuño
Horario: 16:00 a 20:00
horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ourense, La
Molinera, organizado por CDTIC.
Programa: O
novo consumidor dixital. As redes sociais como canle de comunicación
empresarial. Contidos e conversación (Estratexias de marketing de
contidos, tipos de contidos, Ferramentas para a xeración,
clasificación, curación e programación de contidos, Claves na
conversación 2.0). Reputación dixital e escoita activa.
Finalidade: Dar
a coñecer as claves para chegar dun modo efectivo ao novo
consumidor, de modo que a través da conversa dixital se poida captar
e fidelizar os clientes.
Destinatarios: Empresas
que desexan empregar o marketing dixital e as redes sociais como
ferramentas de captación e fidelización dos seus clientes. Empresas
tradicionais que se pregunten por que non chegan aos seus clientes
como antes. Emprendedores que estean en fase de desenvolvemento de
novos proxectos e empresas.
Conferiante: Víctor
Gómez. Enxeñeiro industrial.
Prazas:
12 prazas
-
Charla: “Quen visita a túa web? A resposta con google analytics”
Data da realización: Martes, 21 de Xuño
Horario: 16:00 a 20:00
horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ourense, La
Molinera, organizado por CDTIC
Programa: O
programa está estructurado para coñecer de forma ordenada os
principios e funcionalidades máis empregados na contorna
profesional. O curso divídese en 19 módulos.
Finalidade: Ser
capaz de comprender o valor e a importancia da analítica web no
marketing en liña e empregar Google Analytics e os seus indicadores
para mellorar e controlar o rendemento das propias webs.
Destinatarios: Profesionais
do mundo do marketing, área en liña, publicidade e promoción;
programadores web, product managers, community managers, cargos
directivos, supervisores e executivos de contas ou xerentes de pemes.
Conferiante: Alén
Multimedia, S.L.
Prazas:
12 prazas
-
Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario