luns, 2 de maio de 2016

Programación Maio_2016


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
MAIO 2016

ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN


  • CURSO: Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira) ________ Continuación
Tipoloxía: Outras actividades da aula.
Servizo: Dinamización aula CeMIT_ Nivel Básico
Data da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño do 2016 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 33 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento cun nivel moi básico
Destinatarios: Usuarios sen ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.


  • CURSO: Módulo III: Alfabetización dixital básica: Perfeccionamento en Informática básica e a Navegación na Internet ________________ Continuación
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 12 de Abril ó 5 de Maio
Horario: 16:00 a 19:30 horas
Duración: 20 horas
Descrición: Parte 3 do curso Básico de Alfabetización Dixital para maiores. O obxectivo da actividade é profundizar no aprendido, adquirindo máis coñecementos e destrezas na manipulación dun computador.
Destinatarios: Grupo inicial de Iniciación básica, e cidadanía en xeral con mínimos coñecementos sobre o manexo dun ordenador, ata cubrir prazas.
Requisitos: Haber realizado previamente o módulo I e II en Alfabetización Dixital básica e/ou posuír coñecementos básicos no manexo dun computador.
Prazas: 11 prazas


  • CURSO: Módulo I: Alfabetización dixital básica: Perfeccionamento en Informática básica e a Navegación na Internet________________ Continuación
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 18 de Abril ó 6 de Maio
Horario: 16:00 a 18:30 horas
Duración: 24 horas
Descrición: I Acender e apagar correctamente o ordenador. II Manexar o rato e teclado con soltura. III Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo. IV Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, ...). VPrimeiros pasos en internet . VI Crear e xestionar unha conta de correo electrónico.
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Requisitos: Non posuír coñecementos no manexo dun computador.
Prazas: 11 prazas


  • CHARLA: titorías Ofimática en Software Libre. Repaso contidos Exame Codix
Tipoloxía: Ofimática en Software Libre
Data da realización: Mércores, 04 de Maio
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Duración: 4 horas
Descrición: Repaso xeral dos exercicios prácticos propostos para o Exame Codix que se realizou presencialmente na aula CeMIT o día 29 de Abril.
Destinatarios: Preferentemente persoas inscritas e matriculadas para a realización do Exame de Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática que expide Amtega e, en xeral, cidadanía interesada na temática, así como os axistentes no curso de preparación do Exame Codix.
Prazas: 5 prazas


  • CURSO: Internet e Redes Sociais
Tipoloxía: Redes Sociais 2.0
Servizo: Redes Sociais 2.0. Nivel Medio
Data da realización: Dende o 9 ó 13 de Maio (luns, mércores e venres)
Horario: 16:00 a 19:00 horas
Duración: 9 horas
Descrición: Atopa o que buscas na Rede e participa nunha Rede Social que se axuste as túas necesidades. Entender que son as redes sociais e como inflúen nas relacións persoais, coñecer os distintos tipos de redes sociais, seleccionar a rede social máis acorde cos seus intereses, participar nunha rede social de maneira activa e segura.
Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada na materia con uns mínimos coñecemtos sobre o manexo dun computador e a navegación pola Rede.
Prazas: 11 prazas




  • CURSO: Edición de imaxes co GIMPBT_CeMIT (As Pontes)
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Servizo: Edición de imaxes e/ou vídeo. Nivel Medio
Data da realización: Dende o 16 ó 26 de Maio (de Luns a Xoves)
Horario: 16:00 a 18:15 horas (Excepto xoves, de 17:30 a 19:45)
Duración: 18 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de As Pontes e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: Aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos. Contidos Introdución e descrición da interface grafica Conceptos básicos de imaxes dixitais Uso de capas Ferramentas de selección Uso de outras ferramentas Retoques que podemos facer nas nosas fotos Un cartel sinxelo Montaxes simples
Destinatarios: Cidadanía en xeral, que mínimos coñecementos e destrezas no manexo dun ordenador.
Prazas: 12 prazas    
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.


  • CURSO: Ofimática en Software Libre. Preparación para Exame Codix (1º Edición_Teleformación
Tipoloxía: Ofimática en Software Libre
Servizo: LibreOffice. Nivel Medio.
Data da realización: Dende o 18 de Maio ó 8 de Xuño (Todos os días, excepto os Xoves)
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 40 horas
Descrición: Exercicios prácticos sobre paquete de Ofimática para a preparación do Exame Codix que se realizará presencialmente na aula CeMIT o día 10 de Xuño.
Destinatarios: Preferentemente persoas inscritas e matriculadas para a realización do Exame de Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática que expide Amtega e, en xeral, cidadanía interesada na temática.
Prazas: 10 prazas   Reserva a túa praza


  • CHARLA: Navega con Sentidiño!!!!!
Tipoloxía: Seguridade TIC básica
Data da realización: Luns, 16 de Maio
Horario: 11:00 a 13:00 horas
Duración: 2 horas
Descrición / obxectivos: Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet; tomar as precaucións adecuadas para a navegación; Medidad preventivas; Recursos dispoñibles para a protección; Detectar riscos da presenza en Redes Sociais; Xestión de datos persoais
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 12 prazas




ACTIVIDADES EXTERNAS
CESIÓN AULA


  • Externa: Plataforma Xestiona

Tipo de Actividade Externas: Cesión de aula
Entidade colaboradora: Espublico.gestiona
Servizo: tramites electrónicos. Administración electrónica. Nivel Medio
Alcume: Formación Plataforma Xestiona
Tipoloxía: Administración electrónica: eAdministración
Data da realización: Venres, 13 de Maio
Horario: De 10:00 á 14:00 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia
Descrición: Coñecemento e manexo da Plataforma Xestiona para a tramitación dos expedientes administrativos da Policía Local
Destinatarios: Policía Local
Prazas: 9 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada



ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS DE FORMACIÓN


  • Charla: BIG DATA: analistas e científicos de datos. Roles funcións e tecnoloxías
Tipoloxía: Capacitación avanzada en Ferramentas TIC
Data da realización: Xoves 12 de Maio
Horario: 09:30 a 13:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).
Descrición: Seminario sobre o papel dos analistas e científicos de datos na contorna big data, no que se tratará sobre os roles e funcións que desempeñas e as tecnoloxías aplicables. No seminario utilizarase como referencia a tecnoloxía Cloudera.
Programa: Apache Hadoop (que é, fundamento e motivación); Roles Big Data (quen é quen, analista de datos big data, científico de datos big data); Ferramentas para o analista (Pig, hive, impala, HUE, Zeppelin, Ferramentas BI); Ferramentas para o científico (Spark SQL, Spark MLlib)
Obxectivo: Trasladar aos aistentes cales son os roles e funcións propias destes perfís profesionais así como dar a coñecer de que tecnoloxías dispoñen para poder realizar o seu labor.
Destinatarios: Persoas con amplos coñecemento e base Tic. Usuarios avanzados e técnicos.
Conferiante: Miguel Ángel Jiménez, instructor oficial de Cloudera)
Prazas: 12 prazas  



  • Charla: Por onde empezar o meu proxecto de tenda en Liña
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
Data da realización: Luns 30 de Maio
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT da Coruña – Centro Cívico de Eirís.
Programa: Porqué vender en Internet?; Panorama do eCommerce en España:evolución da canle de venda en liña e resultados das pemes que venden por internet; Diferentes estratexias de eCommerce para pemes: do local ao global; Particulariedades do eCommerce fronte ao comercio físico; Opcións tecnolóxicas e plataformas de eCommerce. Vantaxes e inconvenientes de cada unha. Opcións gratuítas e low cost.; Puntos básicos dunha estratexia de eCommerce; Contidos básicos dun plan de mercadotecnia en liña: publicidade en Internet, redes sociais, blogs, vídeos. Mercadotecnia de atracción.; Como converter as visitas en clientes; Ferramentas de control e seguimento; Presentación de servizos ofertados en eCommerce para pemes.
Finalidade: O eCommerce é a maior oportunidade das pemes para crecer en vendas. Foi a única canle de comercialización que mantivo un crecemento por enriba do 15 % anual durante os peores anos da crise e agora crece aínda máis. Xa pasou a hora na que simplemente había que estar internet: agora é o momento de vender na rede.
Destinatarios: Xerente e responsables de pemes que desexan iniciarse no eCommerce ou mellorar a súa capacidade comercial neste canle.
Conferiante: Javier Rocamora. Consultor e formador especialista en eCommerce e marketing dixital. Lidera o proxecto Las 3 en punto, unha nova iniciativa que integra o marketing, as habilidades comunicativas e a xestión da reputación en liña para maximizar os resultados na rede.
Prazas: 12 prazas Reserva a túa praza


  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario

Etiquetas

#Cine Animación 3D #Taller de realidade virtual 123Artes Digitales 3D Abril ActividadeExterna Agora_Fegaus App agragandeiro App Móbiles Aptitude Informática archivos aula CeMIT Celanova Aula Idiomas Inglés avó Base de datos Base Blog Blogs BPM BT_CeMIT BTCeMITCelanova Calc cámara dixital Campus Tecnolóxico cativos Cativos e informática Celanova Certificación Galega Competencias Dixitais en Ofimática Charla Escola Galega de Consumo Charlas Senior Chave365 Codix Conect@dos Cooperativismo correo electrónico CPEIG Creación de cómics online Creación e edición dixital Cruz Roja Cursos CV Deseño gráfico Día Internet Segura Diplomas dispositivos móbiles E_saúde E-Saúde É-Saúde É-Saúde do Sergas Educar en Tecnoloxía EGC EMA Emprego enréd@te enredamos Entroido TIC Escola Galega de Consumo Examenes EMA Exames Exames CODIX Exames Ema Fake News Feira Tecnolóxica 4.0 Ferramentas TIC Follas de Cálculo Follas de Cálculo Calc formación GIMP google analytics Google Apps Google e facebook GoogleFotos IccKids imaxes impresión 3D Impresión e 3D informaTIC@ informática Iniciación a Informática Iniciación a informática cativos Iniciación Informática Inkscape Intégr@te Internet LecerConsumo LibreOffice Calc libros electrónicos maiores Mancomunidade Celanova maquetación html e css Marketing Marzo Mecanografía cativos Móbil Móbiles / móviles Módulo Transversal Monta e pilota un Dron Multiaventuras tecnolóxicas nenos e nenas Ofimática ofimática LibreOffice Opencart Papá Noel por Videoconferencia PáxinasWeb Personaxe Videoxogo ou Película Pintura e Plastilina Condutiva Prácticas codix Preparación codix Procesadores de texto Writer produción audiovisual Programación Programación cativos Proxecto SIMPÁTICO Publicistas Qcad Quérote+ Rapaciñ@s Rede Redes Sociais Redes Sociais e Menores Retoque fotografías Rexistro entidades deportivas Robótica Scratch Seguridade datos Móbil seguridade e privacidade Semana Santa coas TICs Sketchup Smartphone Smartphones Software Libre solucións TICs Tabletas Talleres cativos TechKids teleformación Tendas en liña TIC TICS tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos Videoconferencia Videoconferencias Videoxogos Wifi Wordpress Xestión de Arquivos Xogamos xogando aprendo TIC Xogolandi@TIC Xornada orientación Laboral Xuño youtubers