ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Febreiro 2017
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
Curso: “Aula Idiomas: Inglés (18338)” . BT_CeMIT (Ortigueira)________Continuación
Tipoloxía: Outras
actividades da aula.
Servizo: Idiomas_
Nivel Medio
Data da realización: Dende o 6 de Octubre ó 15 de Xuño do
2017 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 32 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e
presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante
unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A
actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento
cun nivel moi básico
Prazas: 10 prazas
Estado
de peche:
Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT
-
CHARLA: “Telefonía Móbil” (Instituto Galego de Consumo)_19873
Tipoloxía: Dispositivos
Móbiles
Sistema:
Videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo
Data da realización: 06 de Febreiro 2017
Horario: 11:00 a 12:00
horas
Duración: 1 horas
Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada na temática a
seguir.
Descrición:
Charla informativa a treves de videoconferencia dende a Escola Galega
de Consumo sobre os dereitos dos consumidores nesta materia. Entre os
seus obxectivos están os de asesorar e informar os cidadáns para
que defendan os seus dereitos como consumidores desde o momento que
adquiren un terminal móbil ou contratan un servizo. Falarase dos
principais conceptos que hai que ter en conta na contratación coas
compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia,
portabilidade, etc. Trataranse tamén temas como as irregularidades
na facturación, na prestación de servizos ou nos incumprimentos do
contrato (roaming, SMS Premium, subscrición a chamadas non
solicitadas, modificacións contractuais, etc). Por último,
analizaranse as principais reclamacións en materia de telefonía
móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do
consumo.
Prazas:
12
prazas
-
CURSO: “Módulo I: Alfabetización dixital básica: Iniciación a Informática básica e a Navegación na Internet” _20036
Tipoloxía: Formación
Dixital Básica
Servizo:
Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización:
Dende o 10 ó 27 de Febreiro
Horario:
16:00 a 19:00 horas
Duración: 24 horas
Destinatarios:
Desempregados/as inscritos no servicio público de
empleo estatal (SEPE). Cubriránse as prazas restantes, primeiro con
persoas en activo interesadas na temática e de segundo con
prexubilados.
Requisitos: Non posuír
coñecementos no manexo dun computador.
Descrición:
I
Acender e apagar correctamente o ordenador. II Manexar o rato e
teclado con soltura. III Familiarizarse co entorno de traballo e as
ventás do Sistema Operativo. IV Aprender a xestionar arquivos e
cartafoles (crear, eliminar, copiar, ...). VPrimeiros pasos en
internet . VI Crear e xestionar unha conta de correo electrónico.
Prazas:
11
prazas
-
CURSO: “Módulo II: Iniciación a Informática e Internet” _20048
Tipoloxía: Formación
Dixital Básica
Servizo: Iniciación a
informática para maiores.
Nivel básico.
Data da realización: Dende o 14 de Febreiro ó 9 de Marzo
Horario: 16:00
a 19:00 horas
Duración: 24 horas
Descrición: Parte 2 do curso Básico de Alfabetización
Dixital. O obxectivo da actividade é profundizar no aprendido,
adquirindo máis coñecementos e destrezas na manipulación dun
computador.
Destinatarios: Grupo inicial de Iniciación básica. Persoas
maiores: Xubilados e prexubilados.
Requisitos: Haber realizado previamente o módulo I en
Alfabetización Dixital básica e/ou posuír coñecementos mínimos
no manexo do teclado e ratón.
Prazas:
13
prazas
-
Curso_Cesión aula : Formación Complementaria: “Prevención de Riscos Laborais” (20047)
Tipo
de Actividade_Curso:
Cesión de aula
Entidade colaboradora:
Obradoiro
de emprego EmprendeXoven
Servizo:
Formación para empresari@s
e emprendedor@s . Nivel
básico
Alcume: “Prevención
de Riscos Laborais”
Tipoloxía: Formación
para empresari@s e emprendedor@s.
Data da realización:
15 de Febreiro 2017
Horario: De 08:00 á
12:00 horas
Duración: 4 horas
Descrición:
Formación
Complementaria: “Prevención de Riscos Laborais”
Obradoiro de Emprego EMPRENDEXOVEN da Mancomunidade Terra de Celanova
Docente: Natalia Gallego Dacosta.
Prazas: 16 prazas
Estado
de peche: Actividade Pechada
-
CHARLA: “Orientación Laboral” (20037) BT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía:
Busca de emprego
Descrición:
Xornada informativa da Oficina de Orientación Laboral do Concello de
Celanova
Data da realización: 24 de
Febreiro
Horario: 10:30
a 12:00
horas
Duración: 1,5 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova e
por videoconferencia en
outras aulas CeMIT
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Sigüeiro-Oroso, CeMIT
Cuntis, CeMIT Santa Comba, CeMIT Fisterra, CeMIT Betanzos e CeMIT
Ortigueira.
Temario: Como redactar o meu CV, carta de presentación, onde
e como dirixo a miña busca, probas e test de selección, afrontar
con éxito unha entrevista de traballo e principais ETTs.
Docente: María del Mar Rodríguez Alonso. Técnica de
Orientación Laboral do Concello
Destinatarios:
Desempregados inscritos no inem e cidadanía en xeral interesada na
temática a seguir.
Prazas: 15 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade
dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT
-
CHARLA: “Exame presencial EMA Teleformación” (20050)
Tipoloxía:
Exame presencial EMA
Teleformación
Descrición:
Probas presenciais
exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación
na plataforma EMA
Data da realización: 28 de Febreiro
Horario: 11:00
a 12:00
horas
Duración: 1 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral que realizase con anterioridade e obligatoriamente cursos a
través da plataforma EMA.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Observacións:
“Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas
que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na
plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos
do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez
realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo
confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas. Pode
consultar a súa situación no Espazo Persoal da web CeMIT
(https://cemit.xunta.gal) ou poñerse en contacto coa persoa
responsable da aula (datos de contacto en
https://cemit.xunta.gal/centros). “
Aula
Aberta a disposición dos usuarios
da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a
navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario