ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Setembro
2016
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
CURSO: “Xogando tamén aprendo” (Cativos de 4 a 8 anos)_Continuación
Tipoloxía: Internet:
ocio e operacións dixitais.
Servizo: Actividades
lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel
Básico
Data da realización: Dende o 22 de Agosto ó 1 de Setembro
Horario: 10:00
a 14:00
horas
Duración: 36 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo:
Aprender
dun modo sinxelo, atractivo e divertido a usar as novas tecnoloxías.
Os cativos van adquirindo destrezas no manexo dun ordenador a hora de
enfrontarse coas diferentes pantallas interactuando con elas e
intercambiando datos usando o
ratón
e o teclado.
Destinatarios: Cativos
con idade dende os 4 ós 8 anos.
Prazas: 15 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
CURSO: “Ocio na Rede” (Cativos de 8 a 15 anos)
Tipoloxía: Internet:
ocio e operacións dixitais.
Servizo: Actividades
lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel
Básico
Data da realización: Dende o 1 de ó 16 de Setembro
Horario: 10:00
a 13:00
horas e de 16:00 a 17:00
horas
Duración: 16 horas
Sistema:
Presencial
na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cativos
con idade dende os 8 ós 15 anos.
Prazas: 11 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Charla: “Entrega de Diplomas (Cativos)”
Tipoloxía: Innovación
Social
Data da realización: 02 de Setembro
Horario: 11:00
a 13:30
horas
Duración: 2,5 horas
Destinatarios: Cativos que asistiron
durante os meses de Xullo e Agosto a talleres organizados por a aula
CeMIT do Concello de Celanova.
Fai entrega: Jose Luis Ferro
Iglesias (Alcalde) e/ou Julio Mosquera González (Tenente Alcalde)
Prazas: 27 prazas
Estado
de peche: Actividade Pechada
-
CURSO: “Trámites, xestións e compras por Internet”
Tipoloxía: Administración
electrónica: eAdministración
Servizo: Trámites
electrónicos: Administración electrónica _ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 2 ó 16 de Setembro
Horario: 17:00
a 19:30
horas
Duración: 20 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo:
TRÁMITES
E XESTIÓNS: Explicar que é a Administración electrónica.
Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para
obtelo. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as
Administracións públicas. Realizar algúns trámites con distintas
Administracións. COMPRAS: Coñecer as vantaxes competitivas que o
comercio electrónico lles ofrece ás
empresas, tanto para vender os seus produtos/servizos como para
abaratar custos nas súas compras. Comprender o marco legal do
comercio electrónico. Identificar a forma de pagamento máis
adecuada. Recoñecer os elementos básicos dunha tenda en liña.
Coñecer distintas alternativas para comezar a vender ou comprar en
liña.
Destinatarios: Cidadanía
en xeral, con mínimos coñecementos e destrezas no manexo dun
ordenador.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
-
CURSO: “Administración básica de GNU/Linux” BT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía: Capacitación
avanzada en ferramentas TIC
Servizo: Outras
ferramentas TIC _ Nivel
Medio
Data da realización: Dende o 5 ó 8 de Setembro
Horario: 10:00
a 12:00
horas
Duración: 8 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova e por
videoconferencia en outras aulas CeMIT.
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Boiro, CeMIT Sigüeiro-Oroso,
CeMIT Cuntis e CeMIT Santa Comba.
Temario:
1.
Que é Linux. O proxecto GNU. Software libre. Código aberto. 2.
Distribución de Linux. 3. A interface de comandos, shell, prompt. 4.
Estrutura de ficheiros en Linux. 5. Comandos básicos de
administración do sistema Linux. 6. Comandos de manipulación de
arquivos. 7. Empaquetamento de arquivos. 8. Xestión de usuarios e
grupos. Permisos. 9 Instalación de aplicativos coas utilidades
apt-get. 10 Comandos de xestión de redes. 11. Scripting en Linux.
Software
para a docencia:
Oracle VirtualBox v5.x e UbuntoServer 16.04
Docente:
Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía
en xeral, con coñecementos medios en informática, e destrezas no
manexo dun ordenador.
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da
Rede CeMIT
-
CURSO: “Deseño con QCAD” BT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía: Imaxe,
audio e vídeo
Servizo: Edición
de imaxe e/ou son _ Nivel
Medio
Data da realización: Dende o 12 ó 15 de Setembro
Horario: 10:00
a 12:30
horas
Duración: 10 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova e por
videoconferencia en outras aulas CeMIT.
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Boiro, CeMIT Sigüeiro-Oroso,
CeMIT Cuntis, CeMIT Santa Comba e CeMIT Fisterra.
Temario:
Conceptos
de CAD. Contorna de traballo. Configuración inicial. Manipulación
do zoom, a rejilla, utilidades de debuxo. Forzados e restricións do
cursor. Tipos de coordenadas: polares, absolutas e relativas. Debuxo
de entidades. Selección. Arcos, liñas, puntos, rectánguloss,
círculos, paralelas, tanxentes, bisectrices, polígonos. Edición d
entidades: mover, copiar, espello, rotación, escala, recortar,
alargar, redondear, dividir, estirar..., Traballo con capa (creación,
eliminación, visibilidade, asignación....). Acotación. Traballo
con bloques. Sombreados. Saída a impresión.
Docente:
Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía
en xeral.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade
dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT
ACTIVIDADES POR
VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS FORMACIÓN
-
Charla: “Atrae visitantes e convérteos en clientes co inbound marketing”
Tipoloxía:
Formación
para empresari@s e emprendedor@s
Data
da realización: Martes, 13 de Setembro
Horario:
16:00
a 20:00
horas
Duración:
4 horas
Sistema:
Seminario
técnico a través de videoconferencia dende a
aula CeMIT de Ourense_La Molinera e ca colaboración do
Centro Demostrador
TIC
de Galicia, e
presencial aula CeMIT de Celanova.
Programa:
Porque vender en Internet?. Panorama do eCommerce en España.
Diferentes estratexias de eCommerce para pemes. Particularidades do
eCommerce fronte ao comercio físico. Opcións tecnolóxicas e
plataformas do eCommerce. Puntos básicos dunha estratexia de
eCommerce. Contidos básicos dun plan de mercadotecnia en liña. Como
converter as visitas en clientes. Ferramentas de control e
seguimento. Presentación de servizos ofertados en eCommerce para
pemes.
Docente:
Javier Rocamora. Consultor e formador especialista en eCommerce e
marketing dixital.
Destinatarios: Empresas que desexen empregar o inbound
marketing como ferramenta de captación e fidelización dos seus
clientes. Empresas tradicionais que se pregunten porque non chegan
aos seus clientes como antes. Emprendedores que estean en fase de
desenvolvemento de novos proxectos e empresas.
Prazas:
8
prazas
Aula
Aberta a disposición dos usuarios
da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a
navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario