ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
MARZO
2016
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
CURSO: “Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira) ________ Continuación
Tipoloxía:
Outras
actividades da aula.
Servizo:
Dinamización
aula CeMIT_ Nivel Básico
Data
da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño do
2016 (Todos os xoves)
Horario:
16:00 a 17:00 horas
Duración:
33 horas
Sistema:
Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na
aula CeMIT de Celanova.
Descrición:
Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en
Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o
primeiro momento cun nivel moi básico
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
-
CURSO: “Ferramentas TICs” (Xóvenes) ______________________ Continuación
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC_Nivel Medio
Servizo:
Ferramentas
Web 2.0
Data
da realización: Dende o 15 de Febreiro ó 1 de Abril
Horario:
10:00
a 13:00
horas
Duración:
55 horas
Programa:
Formación
dixital básica en Informática básica e Internet. Ofimática en
Software Libre (Calc, Writer, Impress e Base). Comunícate. Rédes
Sociais. Ferramentas Online. Edición de imaxe e audio.
Administración electrónica. Seguridade TIC. Búsqueda de emprego na
Internet.
Destinatarios:
Xóvenes desempregrados
con inquedanzas sobre as TICs, posúan escasos coñecementos sobre o
uso das novas tecnoloxías e teñan a necesidade de aprender a usalas
como ferramentas de traballo.
Prazas:
10 prazas
-
CURSO: “Internet e Redes Sociais”____________________Colabora AAC Ilduara
Tipoloxía:
Redes
Sociais 2.0__Nivel Medio
Servizo:
Uso
das Redes Sociais
Data
da realización: Dende o 2 ó 18 de Marzo
Horario:
16:00
a 18:30
horas
Duración:
20 horas
Programa:
Conceptos
básicos da Internet e Redes Sociais. Aprender trucos e recursos para
realizar as búsquedas de forma máis eficiente. Realizar búsquedas
con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os
resultados. Aforrar tempo nas búsquedas pola Rede. Entender que son
as Redes Sociais e como inflúen nas relacións persoais. Coñecer os
distintos tipos de Redes Sociais. Seleccionar a rede social máis
acorde cos seus intereses. Participar nunha rede social de maneira
activa e segura.
Destinatarios:
Mulleres pertencentes a Asociación Amas de Casa Ilduara do Concello
de Celanova, e cidadanía en xeral interesada na materia, que utiliza
a nivel básico (mínimo) un ordenador, dispoña dunha conta de
correo electrónico que se poida consultar vía web e posúa nocións
básicas (como mínimo) de navegación pola Internet.
Prazas:
10 prazas
-
CURSO: “Módulo II: Alfabetización dixital básica: Iniciación a Informática básica e a Navegación na Internet”
Tipoloxía:
Formación
Dixital Básica
Servizo:
Iniciación a informática. Nivel básico.
Data
da realización: Dende o 3 ó 31 de Marzo
Horario:
16:00
a 19:30 horas
Duración:
16 horas
Descrición:
Módulo II do curso básico de Alfabetización Dixital básica. O
obxectivo da actividade é profundar no aprendido adquirindo máis
coñecementos e destrezas na manipulación dun computador.
Destinatarios:
Grupo inicial de Iniciación básica, e cidadanía en xeral con
mínimos coñecementos sobre o manexo dun ordenador, ata cubrir
prazas.
Requisitos:
Haber realizado previamente o módulo I en Alfabetización Dixital
básica e/ou posuír coñecementos básicos no manexo dun computador.
Prazas:
10 prazas
-
CURSO: “Xogamos na Rede (Cativos de 4 a 8 anos)”
Tipoloxía:
Formación
Dixital
Básica
Servizo:
Iniciación a informática para menores.
Nivel básico.
Data
da realización: Dende o 21 ó 28 de Marzo
Horario:
10:00 a 13:00 horas
Duración:
12 horas
Descrición:
Semana Santa en activo na aula CeMIT de Celanova para nen@s. Os
cativos divertiranse xogando coas novas tecnoloxías, adquirindo
coñecementos e destrezas no manexo dun ordenador.
Destinatarios:
Cativos con idade entre os 4 e os 8 anos, e non estar inscrito en
ningunha das actividades realizadas dende a Biblioteca Municipal e/
ou Fundación Curros Enríquez do Concello de Celanova.
Prazas:
7 prazas
ACTIVIDADES POR
VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS
DE FORMACIÓN
-
Charla: “Aplicacións a escala Web”________________***Non se realiza (Festivo local)
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC.
Nivel
Avanzado.
Data
da realización: Martes 1 de Marzo
Horario:
09:30
a 13:30
horas
Duración:
4 horas
Sistema:
Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
(CNTG).
Obxectivo:
Durante o seminario explicarase como deseñar, implementar, probar e
despregar aplicacións capaces de soportar millóns de usuarios. O
acto terá un enfoque práctico que se levará a cabo cunha
demostración baseada en Java, SpringBoot, Netflix, OSS e AWS ( aínda
que os conceptos poden aplicarse a calquera tecnoloxía)
Programa:
Aplicacións
a escala web: Introducción; Escalabilidade, elasticidade e
fiabilidade con cloud; Microservizos: O caso de Amazon e Netflix;
Implementación con Spring Boot e NetflixOSS; Configuración
centralizada; Rexistro e autodiscovery;......
Destinatarios:
A
xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as
de sistemas, profesionais do eido da programación e, en xeral,
persoas con base TIC interesadas na temática.
Prazas:
12
prazas
-
Charla: “Claves prácticas da xestión de requisitos: técnicas de captura, comunicación e organización”
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC.
Data
da realización: Martes, 8 de Marzo
Horario:
09:30
a
13:30
horas
Duración:
4 horas
Sistema:
Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
(CNTG) de Santiago de Compostela.
Descrición:
A xestión de requisitos correspóndese con aquela parte do proxecto
que ten que ver con saber entender ao cliente para sermos capaces de
transformar as súas inquedanzas nunha listaxe concreta, específica,
medible e verificable de características, funcionalidades e
condicionantes a través dos nosos servizos.
Obxectivo:
Trasladar aos asistentes os conceptos, a relevancia e as boas
prácticas dunha das facetas máis salientables da xestión de
proxectos: a captura e manexo dos requisitos.
Prazas:
12
prazas
ACTIVIDADES EXTERNAS
CESIÓN
AULA
-
Externa: “ ICCKIDS: Obradoiro Pintura e Plastilina Condutivas”
Tipo
de Actividade Externas:
Cesión de aula
Entidade
colaboradora:
Deputación
de Ourense.
Servizo:
Creatividade
e novas tecnoloxías
Alcume:
“Pintura e Plastilina Condutiva”
Tipoloxía:
Innovación Social
Data
da realización: Dende o 21 ó 28 de Marzo
Horario:
De 16:00 á 19:00 horas
Duración:
12 horas
Descrición:
Neste taller os cativos aprenderán a debuxar e modelar circuítos
utilizando a pintura e a plastilina condutiva, engadindo tamén
compoñentes interactivos a calquera superficie (papel, cartón,
paredes, .....) Os nen@s aprenderán dun xeito rápido algúns
conceptos básicos da electrónica mentres conectan compoñentes
simples como díodos Led ou baterías, debuxando e modelando
circuítos que lles permitirán realizar creacións que se iluminan,
reproduzan música ou sons entre outros en case calquera tipo de
material coa ausencia de cables. Aínda que os traballos dos alumnos
realizaranse por equipos, o resultado final será unha combinación
das diferentes pezas.
ICCKIDS
é un novo proxecto realizado por “123 Artes Digitales” que se
engloban dentro de Ourense ICC WEEK, propoñendo unha nova
perspectiva sobre a relación entre as artes e novas tecnoloxías coa
infancia contemporánea.
Prazas:
25 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario