ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
OUTUBRO
2015
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
Curso: “Iniciación a Informática para persoas maiores”
Tipoloxía:
Formación
dixital básica.
Servizo:
Iniciación a informática para
maiores.
Nivel básico
Data
da realización: Dende o 05 ó 30 de Outubro
Horario:
10:30
a 13:00
horas
Duración:
24 horas
Descrición:
I
Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e
teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as
ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e
cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V.Primeiros
pasos en internet . VI
Crear e
xestionar unha conta
de correo electrónico.
Destinatarios:
Xubilados e prexubilados que queiran iniciarse no aprendizaxe das
novas tecnoloxías.
Prazas:
12 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
-
Curso: “Módulo III: Perfeccionamento en Informática Básica e Internet”
Tipoloxía:
Formación
Dixital Básica
Servizo:
Iniciación a informática para maiores. Nivel básico.
Data
da realización: Dende o 7 de Outubro ó 11 de Novembro
Horario:
16:30 a 18:30 horas
Duración:
16 horas
Descrición:
Seguir profundizando no aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías e
adquirir destrezas no manexo do computador.
Destinatarios:
Persoas maoires que realizarán con anterioridade formación na campo
da informática básica e posúa uns mínimos coñecementos da
materia, e, queira ampliar os coñecementos e adquirir destreza no
manexo do computador,
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
-
Curso: “Comunícate en tempo real por Internet: VIDEOCHAMADAS”
Tipoloxía:
Redes
Sociais 2.0
Servizo:
Comunicación
en tempo real por Internet. Nivel Medio
Data
da realización: 19,20 e 22 de Outubro
Horario:
18:00 a 20:00 horas
Duración:
6 horas
Descrición:
Entender que son as comunicación síncrona e asíncrona. Coñecer os
distintos tipos de canles. Comprender as vantaxes das comunicacións
pola Internet. Coñecer os elementos clave da comunicación.
Identificar e manexar distintas ferramentas de comunicación en
diversos medios.
Destinatarios:
cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Posuír
suficiente coñecemento e saber manexar o ordenador e a Internet:
usar navegadores, buscadores, instalar aplicacións...
Prazas: 8 prazas (con PC persoal habría máis prazas)
Estado
de peche: Actividade
Aberta
-
Curso: “Cont4 Xestión” . BT_CeMIT (Ortigueira)
Tipoloxía:
Formación
para Empresari@s e Emprendedor@s
Servizo:
Xestión
Cont4
Data
da realización: Dende o 19 de Outubro ó 5 de Novembro
Horario:
16:30 a 19:30 horas
Duración:
36 horas
Sistema:
Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na
aula CeMIT de Celanova.
Obxectivos: Ofrecer
unha formación global para a realización da maioría das operacións
cotiás dunha empresa. O programa engloba as funcións de Cont4
Facturación e Contabilidade nunha única aplicación creando un
entorno de traballo máis manexable.
Destinatarios: Usuarios
que tendo coñecementos básicos en contabilidade e facturación
desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión (CONT4),
ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha
Pequena e Mediana empresa.
Prazas:
12 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
ACTIVIDADES
EXTERNAS: CESIÓN AULA
Obradoiros
de Formación
-
Externa: “ Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego”
Tipo
de Actividade Externas:
Cesión de aula e servizo
Entidade
colaboradora:
Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova
Alcume:
“Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego ”
Tipoloxía:
Busca de emprego
Data
da realización: Os mércores, dende o 7 de Outubro ó 30 de
Decembro
Horario:
De 10:30 á 12:30 horas
Duración:
26 horas
Descrición:
Verónica Garayzábal Pedrosa, en calidade de coordinadora da
Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova solicita as instalacións
da aula CeMIT do Concello de Celanova para impartir Obradoiros de
“Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego”
dirixidas a persoas en situación de dificultade social. Parte dos
contidos son enfocados o coñecemento e uso das novas tecnoloxías na
búsqueda de emprego, polo que se formarán en alfabetización
dixital básica e a navegación pola Rede.
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade Pechada
ACTIVIDADES POR
VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS
DE FORMACIÓN
-
Charla: “Desenvolvemento de aplicacións con Angular.js”
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC
Data
da realización: Martes, 20 de Outubro
Horario:
09:30
a 13:30
horas
Duración:
4 horas
Sistema:
Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
(CNTG)
Obxectivo:
O obxectivo do seminario consiste en amosar aos asistentes un exemplo
de desenvolvemento utilizando unha das tecnoloxías máis solicitadas
na actualidade, AngularJS.
Programa:
Os
contidos a tratar serán os seguintes: Twitter Bootstrap, AngularJS,
Servizos web REST.
Destinatarios:
Cidadanía
en xeral interesada na materia con amplos coñecementos en
informática.
Prazas:
12
prazas
-
Charla: “Seguridade perimetral con filtrado de paquetes a NAT”
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC
Data
da realización: Martes, 27 de Outubro
Horario:
16:30
a 20:30
horas
Duración:
4 horas
Sistema:
Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
(CNTG)
Descrición:
O seminario presentará os conceptos fundamentais para a aplicación
de mecanismos de seguidade perimetral nunha rede corporativa
utilizando dúas ferramentas básicas: o filtrado de paquetes e a
tradución de enderezo IP.
Programa:
Redes
corporativas e seguridade perimetral, técnicas de filtrado de
paquetes (filtrado estático, dinámico e a nivel de capa de
aplicación), tradución de enderezos NAT (NAT
estático vs NAT dinámico, PAT, PAT como ferramenta de seguridade),
e por último
exemplos de despregue de seguridade perimetral nunha rede
corporativa.
Destinatarios:
Cidadanía
en xeral interesada na materia con amplos coñecementos en
informática.
Prazas:
12
prazas
(NON SE REALIZA, POR SUPERPOÑERSE CO CURSO DE CONT4 XESTIÓN, NO CÁL HAI MÁIS INSCRITOS)
-
Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario