ACTIVIDADES
FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
XULLO
2015
ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN
-
Curso: “Ofimática en Software Libre: Base” (nivel avanzado) -------Continuación
Tipoloxía:
Ofimática
en Software Libre
Data
da realización: Dende o 22 de Xuño ó 17 de Xullo
Horario:
16:00
a 19:00
horas
Duración:
50 horas
Descrición:
Curso
sobre as bases de datos en Software Libre, co programa LibreOffice
Base.
Programa:
Explicar a necesidade de elaborarmos bases de datos para organizarmos
a información e acelerarmos a localización da información que nos
interesa atopar. Identificar que datos deben ser almacenados.
Planificar a estrutura da base de datos. Manexar táboas. Manexar
consultas. Manexar formularios. Manexar informes.
Destinatarios:
Xóvenes desempregados con idade comprendida entre os 25 e 45 anos de
idade
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Curso: “Creatividade en contextos profesionais”. BT_CeMIT --------- Continuación
Tipoloxía:
Innovación
Social
Data
da realización: Dende o 29 de Xuño ó 02 de Xullo
Horario:
10:00 a 14:00 horas
Duración:
16 horas
Sistema:
Videoconferencia dende a aula CeMIT de Oroso e presencial aula CeMIT
Celanova
Descripción:
Competencias a desenvolver: Pensar de modo práctico e saber facer
exercicios de pensamento activo para coñecer cáles son as boas
ideas (aquelas que se poden converter en accións) e cáles son as
malas ideas (aquelas que non se poden levar a cabo). Saber converter
as boas ideas en ideas mellores (aquelas que son capaces de ter vida
propia e impacto persoal e social).
Obxectivos
da aprendizaxe: Dispoñer dunha orientación clara para a
produción de ideas. Tomar conciencia de cómo estruturamos
internamente as nosas experiencias. Asumir a imaxinación como unha
tecnoloxía útil. Aprender mediante a estimulación a pensar mellor,
pensando o mellor. Identificar os diferentes perfís de pensamento.
Coñecer técnicas de produción masiva de ideas en períodos curtos
de tempo. Aprender técnicas de escenificación e visualización de
futuros. Controlar o proceso de xeración e selección de ideas.
Coñecer e aplicar mecanismos de resolución de problemas.
Identificar mediante a práctica algúns dos mecanismos de asociación
e as conexións do procedemento creativo. Coñecer os mecanismos de
control do proceso creativo. Explicar e comprender a relación entre
a creatividade e a innovación, identificando as fontes desta.
Destinatarios:
Cidadanía en xeral
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
-
Curso: “Intelixencia emocional e social”. BT_CeMIT
Tipoloxía:
Innovación
Social
Servicio:
Innovación social. Nivel Medio
Data
da realización: Dende o 06 ó 09 de Xullo
Horario:
10:00 a 14:00 horas
Duración:
16 horas
Sistema:
Videoconferencia dende a aula CeMIT de Oroso e presencial aula CeMIT
Celanova
Competencias
a desenvolver: Recoñecer
as propias emocións como potenciais de mellora persoal e profesional
(aquelas que son capaces de ter impacto persoal e social). Manexar a
forza das emocións para converter á súa potencialidade nunha
realidade aplicable.
Obxectivos
da aprendizaxe: Adquirir as competencias emocionais
necesarias para o desenvolvemento dunha propia intelixencia emocional
e social. Manexar os instrumentos básicos para saber canalizar as
emocións propias nas relacións cos demais. Adquirir estratexias,
habilidades e a metodoloxía necesaria para potenciar a intelixencia
emocional a partires da interactividade grupal. Adquirir as
ferramentas necesarias para a implementación da intelixencia
emocional en ámbitos profesionais concretos.
Temario:
Paseo pola mente emocional. O cultivo da intelixencia emocional. A
intelixencia emocional no traballo. A intelixencia social.
Destinatarios:
Cidadanía en xeral
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
-
Curso: “Diversión na Rede” _ Cativos 4-8 anos
Tipoloxía:
Iniciación
a informática para menores.
Servicio:
Iniciación a informática. Nivel básico
Data
da realización: Dende o 13 ó 24 de Xullo
Horario:
10:00
a 13:00
horas
Duración:
30 horas
Descrición:
Ludoteca
de verán para cativos con idade comprendida entre os 4 e 8 anos de
idade. O principal obxectivo destas xornadas parte de ensinarlles aos
máis pequenos da casa que divertíndose coas coas novas tecnoloxías
adquiren coñecementos e destrezas na manexo dun computador sen
percatarse. Usar o ratón, o teclado e interactuar coas diversas
pantallas dos xogos son un exemplo.
Destinatarios:
Cativos con idade comprendida entre os 4 e os 8 anos.
Prazas:
14 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Curso: “Ferramentas 2.0 para o traballo colaborativo”. BT_CeMIT
Tipoloxía:
Capacitación
avanzada en ferramentas TIC.
Servicio:
Outras Ferramentas TIC. Nivel medio.
Data
da realización: Dende o 27 ó 30 de Xullo
Horario:
10:00 a 12:00 horas
Duración:
8 horas
Sistema:
Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ames e presencial aula CeMIT
Celanova
Obxectivos
da aprendizaxe: Coñecer ferramentas na nube que faciliten o
traballo en equipo.
Temario:
https://prezi.com/7qge1i6qp-1p/ferramentas-web-20/ Coordinamos
axendas con google Calendar. Concretamos unha data para reunións con
Need to meet. Asignamos tarefas con Todoist e/ou Wunderlist. Creamos
e editamos documentos con google Drive. Recursos para
videoconferencia: Google hangouts.
Destinatarios:
Público en xeral, será necesario que os/as asistentes teñan creada
con anterioridade unha conta de correo electrónico de Gmail.
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade
Aberta
Actividade
dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.
Tipoloxía:
Imaxe,
audio e vídeo
Servicio:
Edición e montaxe de vídeo. Nivel medio.
Data
da realización: 27, 29 e 31 de Xullo
Horario:
17:00
a 20:00
horas
Duración:
9 horas
Descrición:
Como
converter as cintas VHS a DVD utilizando un adaptador dixital
analóxico
Destinatarios:
Cidadanía en xeral interesada na temática a seguir cuns mínimos
coñecementos de informática básica.
Prazas:
10 prazas
Estado
de peche: Actividade Aberta
-
Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario